Consulta los profesionales que forman nuestros grupos de investigación
Buscar investigadores o palabras clave
En el departamento...
Áreas temáticas
Enxeñería Agroforestal (USC)
Investigadores que forman parte de este grupo
Ignacio Javier Díaz-Maroto Hidalgo
Departamento: Enxeñería Agroforestal (USC)
G.I: 1714
Telefono: 982-285900 ext. 2323
Correo electronico: ignacio.diazmaroto@lugo.usc.es
Descripcion:

Na actualidade estamos a desenvolver un proxecto de colaboración entre o noso grupo de investigación GI-1714 da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Departamento Florestal da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) (Vila Real), no cal pensamos contar tamén coa Universidade de Chile. Dito proxecto é un estudo ecolóxico e de crecemento e produción dos bosques naturais, no caso de Galicia e Norte de Portugal, dos bosques de cerquiño (Quercus pyrenaica Willd.) e, no caso de Chile, dos bosques de Nothofagus spp., principalmente.

Non cabe dúbida que este traballo potenciará as relacións entre as nosas Universidades. Exemplo disto, é a colaboración do profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Dr. João P.F. Carvalho, e dous profesores da Universidade de Chile, Dr. Patricio Corvalán e Dr. Cristián Estades, os cales realizarán unha estancia de investigación na USC para participar no programa de doutoramento do Departamento de Enxeñaría Agroforestal, denominado “Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural, que conta coa Mención de Calidade do Ministerio.

Fai varios anos xa realizamos un Máster de Posgrao común entre a USC e a UTAD, onde colaborou activamente o noso grupo de investigación e tivo grande éxito.