Oficina CEER
 27-03-2007
O curso de formación do CEER inaugura os seus módulos das Universidades de Tras-os-Montes e Alto Douro e A Coruña

A universidade portuguesa de Tras-os-Montes e Alto Douro e a galega da Coruña, inauguran, o terceiro bloque temático do curso de formación do CEER que se impartirán nestas dúas universidades de xeito coordinado entre ambas. Coa participación de alumando de ambos países, o CEER trata de fomentar unha formación transfroteiriza para tratar de dar resposta ás necesidades dos estudantes e profesionais que desexen orientarse cara unha especialización en relación coa eurorrexión nun contexto internacional, xa sexa no seo de empresas e asesorías privadas, administracións públicas (especialmente para funcionarios das administracións autonómicas e municipais), representacións diplomáticas, organizacións internacionais gubernamentais o non-gubernamentais, organismos culturais o de cooperación, universidades, centros de investigación científica, grandes medios de comunicación, etc. Esta formación permite unha actualización de coñecementos e unha posta ó día nos temas relacionados ca realidade xurídica, social, económica e empresarial da eurorrexión dentro da Unión Europea.

A estructura académica do curso dividiuse en seis módulos agrupados en tres macroáreas de traballo ca idea de que en cada parella participe unha universidade de cada unha das rexións Galicia-Norte de Portugal, garantindo a participación das seis universidades en todos os módulos, as universidade de Santiago de Compostela, Porto, Minho, Vigo, Coruña e Trás-os Montes e Alto Douro.

A impartición destes dous últimos módulos completarán o ciclo formativo que contou coa colaboración das seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.