Oficina CEER
 10-01-2011
A USC LAMENTA O PASAMENTO DE FRANCISCO JAVIER RÍO BARJA, XEÓGRAFO DA MÁXIA GALEGA

Estudioso de costas e montañas, determinou a orixe exacta do Miño.

A súa obsesión polas condicións obxectivas da terra onde viven os homes e as mulleres levábao a afirmar que Napoleón ou Hitler perderan guerras por non saber xeografía.

"Era unha desas persoas coas que te irías ao fin do mundo para escoitala falar", lembra Rosendo Folgueira, alcalde de Meira.

A Universidade de Santiago de Compostela lamenta o pasamento de Francisco Javier Río Barja, xeógrafo, intelectual e docente da institución académica compostelá. Sumándose ao fondo pesar por esta perda, o reitor Juan Casares lembrou os méritos docentes, investigadores e humanos que concorrían na figura de Río Barja.

Nacido en Lugo pero asentado en Compostela, Río Barja foi merecedor de numerosos recoñecementos á súa traxectoria, como o Premio Galicia de Investigación, a Medalla Castelao da Xunta de Galicia, o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo ou o premio Valle-Inclán e Alfredo Brañas do Centro Galego de Bos Aires.

Integrante da Real Academia Galega, da Academia de Ciencias e do Consello da Cultura Galega, foi tamén director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Discípulo de Ramón Otero Pedrayo, entre as súas contribucións destacan o seu traballo a prol do desenvolvemento dos estudos e investigacións en todo o relacionado coa Xeografía e, de xeito particular e pioneiro, no ámbito da Xeografía Económica.

Fontes: http://xornal.usc.es/
http://www.elpais.com/