Oficina CEER
 12-01-2011
NOVA DATA PARA AS XORNADAS SINDUR: 26 DE XANEIRO DE 2011. PARTICIPA NAS VIII XORNADAS SINDUR. DA CIDADE DIXITAL Á CIDADE AUMENTADA

O mércores 26 de xaneiro de 2011 terán lugar as VIII Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada. Impulsando a Intelixencia Social en Santiago de Compostela a partir das TIC. Xornadas desenvolvidas ao amparo do Plan Nacional de I+D+i. Convidámose a participar previa inscripción (prazas limitadas).

O grupo de investigación GIST da Universidade de Santiago de Compostela pretende con estas xornadas analizar cómo podemos superar a cidade dixital clásica que promove a formación da xente no uso de Internet, crear webs locais, promover os telecentros ... ate un novo concepto de cidade aumentada que impulsa a difusión de productos territoriais, empresas locais, sociedade civil... etc a través das redes sociais e a Internet, promovendo o desenvolvemento económico e a innovación. Trátase de impulsar un debate crítico e creativo sobre estratexias de marketing territorial de cidades a partir da web 2.0 e as redes sociais como facebook e outras; tendo presente que todo isto pode promover a creatividade, o emprendedurimo e a innovación na sociedade local; trátase de superar a publicidade dos tópicos por unha estratexia de marketing online innovadora para promover e vender a “cidade” e o territorio. En definitiva, trátase de usar a Internet como se fose un gran lente ou lupa que aumenta a visibilidade da cidade na sociedade local, rexional, nacional e internacional. Unha gran lente como a dende un telescopio que permite ver os detalles das estrelas situadas a Miles de quilómetros de distancia... Entendes todo isto?

Nunha primeira sesión teremos a oportunidade de coñecer e debatir sobre o desenvolvemento da sociedade da información nos Estados Unidos e coñecer proxectos TIC de éxito levados a cabo en cidades e vilas; e a partir de aí nos preguntaremos pola súa viabilidade en Santiago de Compostela, como? cando? de que forma?

Na segunda sesión coñeceremos en primeira persona a experiencia de creación dunha empresa de base tecnolóxica a partir do gist.idega da USC. E como se fai I+D+i dende o mundo profesional, co caso do colexio de enxeñeiros informáticos de Galicia.

Programa:

9:30. Recepción.

10:00. Current Trends in USA Information Society. Prof. Mark Wilson. Michigan State University. Estados Unidos.

10:30.ICT as an Economic Development Strategy in USA. Case studies of ICT in economic development, including some rural and urban areas. Prof. Mark Wilson. Michigan State University. Estados Unidos.

11:00. Preguntas e debate.

11:30. Café

12:00. Innovación e transferencia de tecnoloxía. Impulso dunha spin-off en Santiago de Compostela dende o Grupo de Investigación GIST. IDEGA. Mariña Pose, Yolanda García, Antia Pose. Universidade de Santiago.

12:30. Innovación e Investigación dende o mundo profesional. O caso do Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia. Fernando Suárez. CPEIG.

13:00. Preguntas e Debate.

13:30. Comida de Traballo

15:30. Remate

Lugar celebración:

Aula Seminario. Idega, Campus Sur s/n. Santiago de Compostela

Universidade de Santiago

Inscripcións:

Prazas limitadas.

GIST. IDEGA. Telf. 981 563100

begin_of_the_skype_highlighting

981 563100

end_of_the_skype_highlighting. Ext. 14440.

gist-formacion@usc.es

Inscripción gratuita. Expediranse certificados de asistencia da USC.

Organización:

Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio Gist. Idega

Máster Universitario en Sociedade da Información da USC

Universidade de Santiago de Compostela

Co apoio do Proxecto Sindur. Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional financiado polo Plan Nacional de I+D+i do goberno español.

Colaboran:

Concello de Santiago. Concellería de Promoción Económica.

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. CPEIG

AISTI. Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Fundación CEER Galicia-Norte de Portugal

Proxecto ANATOLE

Fonte: http://www.gist.es