Oficina CEER
 17-01-2011
PREMIO E CONTRATO PARA O MELLOR PROXECTO FIN DE CARREIRA DE INFORMÁTICA

Premio para o mellor proxecto de fin de carreira da titulación de Enxeñaría Informática da UDC.

A Universidade da Coruña vén de asinar un acordo de colaboración coa consultora multinacional Everis, especializada no desenvolvemento de aplicacións tecnolóxicas, co fin de premiar o mellor proxecto de fin de carreira da titulación de Enxeñaría Informática da UDC ao longo deste curso 2010-2011. O galardón está dotado con 1.000 euros, así como unha oferta laboral para incorporarse á multinacional, que conta con 7.300 empregados distribuídos en 13 países. Segundo explicou o decano da Facultade de Informática, Alberto Valderruten, un dos obxectivos actuais da universidade é conseguir unha maior interrelación entre o mundo da empresa e o mundo académico, polo que engadiu que todas as accións que vaian encamiñadas neste reto serán firmemente apoiadas polo equipo decanal da Facultade de Informática. De feito, este centro xa mantén diversas liñas de colaboración coa citada multinacional, apoiando a realización de prácticas na empresa, así como proxectos de fin de carreira e outras iniciativas.

Fonte: http://www.udc.es