Oficina CEER
 21-01-2011
CONSELLO DE GOBERNO EXTRAORDINARIO NA UDC

O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, presidirá hoxe, venres, 21 de xaneiro, un Consello de Goberno extraordinario que comezará ás 12:30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde, en segunda.

A orde do día inclúe dous puntos, por un lado, a aprobación da listaxe de premios extraordinarios de fin de carreira que se entregarán na celebración do Día da Universidade, o vindeiro 28 deste mes; e, polo outro, a consideración de dúas propostas de doutoramento.

Fonte: http://www.udc.es