Oficina CEER
 10-02-2011
UNHA PROFESORA DE HUMANIDADES ESTUDOSA DA FIGURA DE CUNQUEIRO REÚNE NUN LIBRO OS TEXTOS LUGUESES DO AUTOR

A editorial Alvarellos presenta este xoves en Lugo o libro que rescata esta prosa baixo o título Viaje a Lugo. Páginas sobre la ciudad no centenario do escritor mindoniense .

profesora da Facultade de Humanidades da USC María Xesús Nogueira realizou o estudo e selección de contidos do libro de textos rescatados de Álvaro Cunqueiro Viaje a Lugo. Páginas sobre la ciudad publicado pola editorial Alvarellos. A obra presentarase na Galería Sargadelos, en Lugo, este xoves 10 de febreiro ás 20:00 horas. Nogueira, como especialista no escritor mindoniense, fai unha selección de 24 prosas de Cunqueiro moi vinculadas á historia de Lugo, a moitos dos seus persoeiros e a múltiples espazos da cidade. Tal e como foi definido dende a editorial, trátase dun libro no que se reencontra a Álvaro Cunqueiro “cunha paisaxe vital e emocional: a cidade na que viviu anos decisivos”. Trátase, en resumidas contas dunha “viaxe dende (ou cara) esta cidade onde a prosa do autor se volve universal”, indican. Entre os textos que reúne, atópase o discurso de apertura do Bimilenario da cidade, pronunciado o 25 de outubro de 1975, onde Cunqueiro definiu a lugo como “la Roma del Finisterre”. Na presentación de Viaje a Lugo estarán presentes, ademais da estudosa da USC María Xesús Nogueira; o fillo do escritor, César Cunqueiro; a directora da Colección Rescate na que se enmarca este libro, Olivia Rodríguez; e o editor Henrique Alvarellos.

Fonte: http://xornal.usc.es