Oficina CEER
 04-05-2007
O Consello de Dirección da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal reuniuse en San Xerome

Altos cargos representantes das seis universidades publicas de Galicia e o norte de Portugal, a Xunta de Galicia, o Eixo Atlántico e a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal reuníronse hoxe no Colexio de San Xerome, sede da Reitoría da USC. Esta xuntanza do Consello de Dirección da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) estivo presidida polo vicerreitor da Universidade de Minho, Leandro da Silva Almeida.

Participaron ademais o prorreitor da Universidade de Porto, Manuel Antonio Araújo da Silva Janeira; os vicerreitorres da USC, Lorenzo Fenández Prieto, da Universidade da Coruña, Ana Dorotea Tarrío Tobar, e da Universidade de Porto, Eduardo Augusto dos Santos Rosa. Representando á Universidade de Vigo acudiu á reunión o profesor José Manuel García Vázquez, ademais do director e secretario xeral do CEER, Carlos Ferrás Sexto e Manuel Sopas de Melo Bandeira, respectivamente.