Oficina CEER
 23-02-2011
FUNDACIÓN BARRIÉ PRESENTA AS BOLSAS DE POSGRAO NO ESTRANXEIRO

A Fundación Barrié presenta mañá na UDC as bolsas de posgrao no estranxeiro para mestrados, doutoramentos e investigación.

A Fundación Barrié ofrecerá mañá, mércores 23 de febreiro, unha sesión informativa sobre o seu programa de bolsas de posgrao no estranxeiro. A sesión terá lugar ás 12:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña. Nesta sesión falarase dos aspectos das bolsas e dos criterios de selección.

Ofreceranse dez bolsas para Estados Unidos, vinte para Europa e dúas para Asia abertas a calquera especialidade, dando prioridade os proxectos que se consideren de maior impacto potencial para Galicia.

As bolsas van dirixidas a universitarios galegos, residentes en Galicia ou que realizaran os seus estudios universitarios nalgunha das tres universidades galegas, sempre que se dispoña de nacionalidade española e nacidos despois do 1 de xaneiro de 1971.

Os requisitos principais son: ter un bo expediente académico, dominar a lingua de traballo do centro de destino e ter finalizada a licenciatura ou estar realizando o último curso.

Fonte: http://www.udc.es