Oficina CEER
 01-03-2011
AS NOVIDADES CIENTÍFICAS XERADAS POR INVESTIGADORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS E DO NORTE DE PORTUGAL DISPOÑEN DUN NOVO CANLE DE DIVULGACIÓN, COMUNICACIENCIA

As novidades científicas xeradas por investigadores das universidades galegas e do norte de Portugal dispoñen dun novo canle de divulgación, Comunicaciencia, unha plataforma innovadora de divulgación da Ciencia na Eurorrexión subvencionada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e xestionada pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER, http://fceer.org).

A web reúne e difunde a información científica máis relevante xerada polas 6 universidades públicas da Eurorrexión (Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña. Vigo, Porto, Tras-os-Montes e Minho) e divulga os resultados das investigacións realizadas, acercando a Ciencia e os avances que esta propicia á sociedade en xeral.

Así mesmo, a web recompila variados recursos multimedia relacionados con actividades científicas realizadas polas institucións universitarias galegas e do norte de Portugal (vídeos de conferencias, documentais, audios, acceso a información dixitalizada, como o Museo Científico Universitario) e proporcionadas directamente polo CEER. Deste xeito, na plataforma pódense atopar Foros de debate sobre Ciencia ou a Axenda científica do CEER, onde se atopa a disposición do público todas as ofertas de traballo, bolsas de emprego, de mobilidade, subvencións para investigadores ou premios que se xeran en Galicia e o Norte de Portugal, co obxecto de potenciar a colaboración e as oportunidades e o movemento de profesionais entre ambas rexións. Trátase dunha iniciativa que procura sinerxías entre as Universidades da Eurorrexión, xestionando os recursos dispoñibles de maneira conxunta e colaborativa para potenciar o desenvolvemento da Eurorrexión.

Fonte: http://xornal.usc.es