Oficina CEER
 14-05-2007
Investigadores estudan o uso do láser na restauración do patrimonio

Investigadores da Universidade da Coruña estudan o emprego da ferramenta láser na restauración do patrimonio galego e, en especial, dos elementos de granito, según anunciou a Consellería de Innovación e Industria da Xunta. Esta iniciativa estuda a aplicación do láser no granito en particular, xa que se trata dun material predominante no patrimonio arquitectónico e artístico galego.

Segundo sinalou o director do equipo do Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT), Armando Yañez, o láser substitúe a técnicas tradicionais en conservación patrimonial, como a microscopia electronica ou os raios X. A nova ferramenta elimina e analiza capas selectivamente sen danar en ningún momento e baixo ningún concepto ás demáis.