Prof. Dr. Patric O´FlanaganDr. Carlos MacíaProf. Dr. Carlos FerrásXornada Sociedade da Información
Oficina CEER
 15-05-2007
Sociedade da Información. Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela piden á Xunta de Galicia que ofreza proxectos de investimentos ós triunfadores da emigración

Durante unha xornadas celebrada o pasado día 14 de maio, Galicia/ Irlanda, Cambio Económico e Desenvolvemento da Sociedade da Información, investigadores do Instituto universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), dependente da Universidade de Santiago de Compostela, recomendaron á Xunta de Galicia que deseñe e ofreza un “proxecto de inversión na comunidade” para os emprenderes da emigración para que a súa capacidade de xerar riqueza non se quede nun mero “sentimentalismo folclórico”, seguindo o modelo do lobby irlandés en Estados Unidos.

Así, a localidade ourensán de Avión é usada como exemplo de viveiro de galegos e galegas na diáspora triunfadores de negocios, polo xeral de países americanos como México, que regresan a casa para desfrutar das súas vacacións ou dun retiro dourado en suntuosas mansións construídas para uso particular.

Nestas xornadas, os investigadores Carlos Ferrás Sexto e Carlos Macía enmarcaron o éxito do económico irlandés nos seus investimentos en I+D+i e as novas tecnoloxías, lembrando que o número de ordenadores nos país anglosaxón (42 por cada 100 habitantes) duplica á da media española, e que soamente o 6% da poboación estatal efectuou algunha compra por comercio electrónico, fronte ó 24% irlandés.

As xornadas foron clausuradas polo titular da Consellería de Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco, tamén participando o catedrático da Universidade de Cork, Patrckic O´Flanagan quen subliñou que o goberno irlandés impulsa “unha política que atrae industrias para persoal moi cualificado”, o que permite a posta en marcha de factorías de compañías especializadas como Google ou Appel.