Oficina CEER
 25-05-2007
O padroado do Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal reuniuse na Maestranza

O padroado do Centro de Estudios Eurorrexionais reuniuse o pasado mércores 23 de maio na reitoría da Universidade da Coruña, na rúa da Maestranza.

Unha das novidades que se abordou nesta reunión e que a Fundación CEER traballa na implantación dunha "iniciativa pionera, que será un referente a nivel europeo" no que se refire as becas Erasmus. Así o calificaron o presidente da Fundación, Carlos Ferrás, e os reitores de Santiago e A Coruña, Senén Barro e José María Barja. Co desenvolvemento deste programa, os alumnos que disfruten dunha beca Erasmus podrán cursar os seus estudios en dous centros distintos nun mesmo desplazamento.

Esta actuación enmarcase dentro das líneas de traballo conxuntas que levará a cabo o CEER no período 2007-2013 e que se definiron durante a reunión que mantiveron os representantes de todas as institucións participantes.

Neste encontro acordouse a creación dun viveiro continuo de iniciativas de emprendemento, que non só se reduzca á creación de empresas senon que englobe un proceso completo de investigación, tutorización, apoio e realización de plans de viabilidade, entre outras moitas accións. Dentro desta dinámica de interrelación, o CEER prevé elaborar cursos de formación de postgrado e de formación continua.

Por último a comisión explicou unha das últimas iniciativas que desenvolveu, un campus europeo en rede, onde participan tanto os alumnos, coma os profesores que traballan nos seis centros que integran o CEER.

Todo este conxunto de actuacións responde á intención de crear unha "gran zona europea de conocimiento, haciendo de Galicia y Portugal una eurorregión transnacional", aseguraron os representantes.