O vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo, presentará este martes, 29 de marzo, a programación do XVII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC. O acto ten lugar ás 11:30 horas na Sala da Prensa da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, sita na praza de Montenegro.
Acompañarán ao vicerreitor, a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Nuria Mundiña; o xefe territorial de Cultura da Xunta, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga e Sinesio Pérez en representación de Novacaixagalicia.
O Festival Internacional de Teatro Universitario forma parte da programación Lugo Cultural, proxecto integrado pola USC, o Concello de Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Novacaixagalicia e xestionado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade.
Fonte:http://xornal.usc.es/