Oficina CEER
 30-03-2011
PRESENTACIÓN DA IV FEIRA EUROPEA DE EMPREGO DA UDC

O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, o primeiro tenente de alcalde do Concello da Coruña, Henrique Tello, e o vicerreitor de Relación Universidade-Empresa, Luis Barral, presentaron o martes, 29 de marzo, en rolda de prensa a IV Feira Europea de Emprego da UDC que terá lugar os días 11 e 12 de abril. A presentación tivo lugar na Sala de Prensa da Reitoría ás 11:00 horas.

Fonte: http://www.udc.es