A empresa de Cambados OCV sacará ó mercado proximamente o captador solar térmico Reisol, de alta eficiencia enerxética e de fabricación ecolóxica que está adaptado ás condicións ambientais da rexión galega, e que, debido ó seu diseño "innovador y manejable" será apto para a súa instalación en vivendas, almacéns, fábricas, instalacións deportivas e colexios.
As novas placas saen con un reforzamento do aislamento para evitar as humedades de inverno pero manterá a superficie bruta do captador estándar.
Este novo producto será presentado na próxima feira de enerxías renovables Enernova, que terá lugar no Recinto Ferial do Ifevi, a partir do próximo 6 de xuño.