Oficina CEER
 06-06-2007
A Fundación Germán Sánchez Ruipérez organiza un campus de verán

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a través doCentro Internacional de Tecnologías Avanzadas(CITA), organiza en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca), durante os meses de xuño e xullo, un Campus de Verán coas seguintes institucións e empresas: Openyourweb, Learning 360, Ayuntamiento de Peñaranda de Bracamonte, Universidad de Salamanca e Caja Duero.

As actividades que compoñen este Campus son:

Congreso E-DUCA Este congreso celebrase os días 28, 29 e 30 de xuño no CITA e vai dirixido a profesores e formadores; estudiantes e investigadores das TIC na educación; axentes educativos; bibliotecarios e documentalistas; familias con fillos en idade escolar ou universitaria e todos os interesados no tema. Paralelamente, celebrase o congreso E-DUCA virtual, no que as persoas que non asistan presencialmente poden publicar as súas comunicacións e acceder a diferentes servizos. Máis información en www.congresoeduca.com.

Arte nas novas tecnoloxías de audio e vídeo Curso práctico, que se celebra os días 2, 3 e 4 de xullo no CITA, vai destinado a profesionais das artes visuais, programadores culturais, profesionais da museografía, estudantes de belas artes, profesores de materias artísticas, historiadores ou calqueira persoa interesada no tema. Pizarra dixital Este curso, que está promovido pola Vicerreitoría de Innovación Tecnolóxica da Universidade de Salamanca e forma parte da súa programación de cursos de verano, está dirixido a profesionais da educación, profesores de centros educativos, estudantes de maxisterio, bibliotecarios e documentalistas e calqueira persoa interesada no tema. Este curso levarase a cabo os días 9, 10 e 11 de xullo no CITA.

As prazas para todalas actividades do Campus de Verán do CITA son limitadas e adxudicaranse por riguroso orden de pago.

O Campus de Verán CITA está realizado en colaboración co: Ministerio de Educación e Ciencia, CNICE, Red.es, Junta de Castilla y León, Smart Technologies, Icono 14 i Educación sin fronteras.

Para máis información poñerse en contacto con María González Sánchez no teléfono 923 568 384 ou por correo electrónico na dirección magonzalez@fundaciongsr.es.