Oficina CEER
 09-05-2011
CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA PROXECTOS DE COÑECEMENTO DA REALIDADE

Os Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) son unha iniciativa na que o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela ten a posibilidade de desprazarse a un país empobrecido, para realizar unha estadía de cooperación e que o traballo que desenvolva sexa validado como actividade de participación social ou prácticas da titulación que estea cursando oficialmente na USC segundo a normativa académica correspondente.

Ademais disto, a realización dun PCR constitúese como unha importante ferramenta de sensibilización sobre a temática, tanto para o propio alumnado beneficiario, como para a sociedade en xeral xa que, tras o regreso da estadía realizará charlas para dar a coñecer a experiencia.

A Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua a través da Área de Voluntariado, Participación e Cooperación Internacional do Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU), abre a convocatoria a todo o estudantado desta Universidade que estea interesado en participar en programas e accións de coñecemento da realidade.

Mediante este programa, procúrase un proceso de reflexión dende unha vertente práctica, para implicar ás persoas participantes nas liñas de traballo en cooperación para o desenvolvemento en diferentes países do sur e no traballo que se leva a cabo dende Galicia e fundamentalmente da USC, principalmente no ámbito da sensibilización.

Mais información en:
http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/seccion_voluntariado_participacion
_cooperacion/coointernac.html