Oficina CEER
 11-05-2011
O REITOR DA UDC CLAUSURA A CÁTEDRA JEAN MONNET DE ECONOMÍA INDUSTRIAL EUROPEA

O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, clausura mañá, mércores, 11 de maio, ás 12:00 horas, no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa, a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea. O acto asistirán tamén Anxo Calvo Silvosa, decano da Facultade de Economía e Empresa, Andrés Faíña Mendín, catedrático Jean Monnet e responsable dos cursos e,Joaquín Varela de Limia Cominges, director Xeneral do IGAPE, que dará unha charla sobre “ A política de fomento de In empresarial e a innovación”.

A Cátedra foi concedida polo Consello Universitario Europeo da acción Jean Monnet en 1997, e desde aquela impártese todos os anos, tendo una notable afluencia por parte dos universitarios sobre todo das titulacións de Economía e Administración e Dirección de Empresas. Desde hai dous anos a Cátedra completouse cun novo curso sobre “Política industrial e Innovación”.

Fonte: http://www.udc.es