Oficina CEER
 11-06-2007
Un estudiante de bioloxía de Santiago obtén un carburante alternativo ó biodiesel

Un estudiante de bioloxía, Alfredo Llecha Galiñanes, avalado polo departamento Termipromat, da USC, logrou obter o primeiro aceite non vexetal que ten as mesmas características que o aceite de oliva e que o converte nun firme candidato para o seu uso en campos como a alimentación animal, os biocombustibles ou incluso a medicina.

De acordo co doutor Cert, do Instituto de la Grasa de Sevilla, dependente do CSIC, as mostras analizadas deixan comprobar que un gramo do producto ten prácticamente o mesmo poder calórico que un gramo de gasóleo.

Ó longo do 2006 a empresa AA Solar Fotovoltaica e o grupo Termipromat, desenvolveron o proceso, que permite converter excedentes agrarios en materia grasa e nun concentrado proteico. Tanto Alfredo Llecha como o profesor José Antonio Rodríguez Añón, coordinador do grupo de investigación Termipromat, mostranse moi optimistas sobre os resultados obtidos ata o momento.

Entre as conclusións que se obtiveron, destacan os cerca de 40.000 kilojulios por gramo de poder calorífico, o seu baixo índice de iodo e en ácidos grasos insaturados. Esto e a non presencia de metais pesados nin nocivos, converte este aceite en materia prima ideal para a xeración de biodiesel e para a elaboración de lubricantes de alto rendemento.