Díptico intDíptico ext
Oficina CEER
 20-05-2011
PROGRAMA IV XORNADAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE ARES

Achegamos o programa das IV Xornadas sobre Violencia de Xénero do Concello de Ares que, finalmente, terán lugar os días 2 e 3 de xuño de 2011 no Mosteiro de Santa Catalina de Monte Faro, de Ares.

Queda aberto, dende este momento, o prazo de inscrición, a cal se pode facer mediante mail a esta mesma dirección ou por teléfono ou fax nos números que figuran no díptico exterior.

En canto á localización das Xornadas, recomendamos acudir ao lugar pasando polo Concello de Ares xa que estará correctamente sinalizado e membros de Protección Civil situaránse nos cruces para indicar o camiño se alguén ten problemas para chegar. Enviamos a continuación o enlace de situación do google earth:

http://maps.google.es/maps?f=d&source=s_d&saddr=&daddr=43.45052,-8.281932&geocode=&hl=es&mra=dme&mrsp=1&sz=15&sll=43.450676,-8.282576&sspn=0.012275,0.027509&ie=UTF8&t=h&z=15

Pensando no almorzo, e por se puidera ser do seu interés, enviamos no arquivo adxunto un listado de posibles restaurantes en Ares (prezo menú do día e teléfono de contacto); en cada caso, recomendamos chamar con antelación para efectuar a reserva.

Para calquera cuestión ou dúbida quedamos a súa disposición na seguinte dirección:

Raquel Albela e Raquel Rodríguez,
Coordinadoras das IV Xornadas sobre a Violencia de Xénero do Concello de Ares

EDESGA (Empresa de Estudos Sociais de Galicia S.L.)

Teléfono fixo / Fax: 881.927.901
Teléfono móbil: 680.117.197 / 651.337.425

C. Monte das Moas, 15. Local 4
CP: 15009. A Coruña

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Establecimientos Ares