Oficina CEER
 03-06-2011
XORNADAS SOBRE MIGRACIÓNS, RACISMO E EXCLUSIÓN SOCIAL EN NORMAL

Xornadas sobre migracións, racismo e exclusión social, coa participación do fotógrafo Isgak Stemmet, no espazo cultural Normal.

O Cubo de Normal acollerá mañá xoves, 2 de xuño, e o venres día 3, unhas xornadas baixo o título Migracións transnacionais: xénero, racismo e exclusión social, organizadas pola Universidade da Coruña. Expertos nacionais e internacionais reuniranse nestes encontros, que se desenvolverán en horario de 16.00 a 20.30 horas.

A xornalista Iara Mantiñán e o fotógrafo e artista contemporáneo Isgak Stemmet impartirán un obradoiro baixo o título Coñecendo o Cape Coloured: unha dimensión de xénero sobre o racismo en Sudáfrica, que se desenvolverá mañá xoves de 16.30 a 20.30 horas.

O venres, de 16:00 a 17:30 horas, celebrarase unha mesa redonda sobre transnacionalismo, xénero e exclusión social no Sur de Europa, na que o profesor da Universidad de Lisboa, Jorge Malheiros, centrará a súa intervención na exclusión residencial dos inmigrantes en Portugal desde una perspectiva de xénero. A antropóloga Rosa Parisi falará, pola súa banda, dos matrimonios mixtos con marroquís en Italia. As migracións en África, Asia e América Latina será o tema doutra mesa redonda que comezará ás 18.00 horas, coa participación dos profesores Ángeles Ramírez, da Universidade Autónoma de Madrid; Amelia Saiz, da Universidade Autónoma de Barcelona; Mercedes Jabardo, da Universidade de Alacante, e Ramón Grosfoguel, da University of California, Berkeley. As xornadas concluirán ás 20:30 horas coa proxección do filme Flores doutro mundo, de Icíar Bollaín, e un debate sobre a película. As actividades irán acompañadas dunha exposición fotográfica de Iara Mantiñán e Isgak Stemmet.

Fonte: http://udc.es