XORNADA DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO DESEÑO, CONSOLIDACIÓN E MELLORA DE VEHÍCULOS DE TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA DA EURORREXIÓN
O proxecto VT, coordinado pola Unidade de Valorización e Transferencia da USC, afonda nas posibilidades dos distintos Vehículos de Transferencia de coñecemento dende unha perspectiva transfronteiriza.
Nesta xornada de presentación inclúese a ponencia:
“Por que as patentes poden facilitar a transferencia de tecnoloxía”, por Nöel Campling, Director da European Patent Academy (Oficina Europea de Patentes).
Programa completo da xornada: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/eventos/xornada_vt.pdf
Inscrición: Gratuita. Xestionarase a través do envío da ficha de inscrición a info@vtransfer.org ou ao número de fax 981 558 009.
Descarga da ficha de inscrición: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/eventos/inscricion_vt.pdf
Data límite de inscrición: 13 de xuño.
Data do Evento: 15/06/2011-15/06/2011
Lugar:Salón Nobre do Colexio de Fonseca (Rúa do Franco s/n, Santiago de Compostela)
Horario 10:00 a 14:00 h.