Oficina CEER
 09-06-2011
A UDC OFERTA DÚAS PRAZAS DE VOLUNTARIADO NUN PROXECTO EN SENEGAL

A UDC oferta dúas prazas de voluntariado en Senegal nun proxecto de investigación para este verán.

O Centro de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade da Coruña e Ecodesarrollo Gaia, en colaboración con Grupo de Polímeros, GCons, Recinor e co financiamento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña; ofertan dúas prazas de voluntariado en Senegal para este verán.

A cooperación desenvolverase dentro do proxecto de investigación “Valorización de residuos plásticos nunha comunidade subsahariana: alternativas sostibles e posibles”, que terá lugar na pequena localidade de Yoff, próxima á cidade de Dakar.

Para poder optar a unha das prazas, valorarase pertencer á comunidade universitaria da UDC e posuír coñecementos do idioma francés. O prazo para presentar as solicitudes remata o 28 de xuño.

Para máis información: Laboratorio de Química do Centro de Investigacións Tecnolóxicas da UDC, http://www.udc.es/cit/