Oficina CEER
 22-06-2007
Convocatoria de 10 bolsas para a realización de estudos de master en EEUU

En colaboración entre a Secretaría de Estado de Universidades e Investigación (MEC) e o programa Fulbright, convocanse dez bolsas para a realización de estudos de master en Estados Unidos, en áreas de Ciencias Sociais ou Humanidades.

Estas bolsas van dirixidas a licenciados españois en titulacións de Ciencias Sociais ou Humanidades que desexen realizar programas de master en universidades de Estados Unidos de América. A duración das bolsas será de 12 meses, prorrogables por outros 12, comezando no verán ou outono de 2008 en función da programación da universidade receptora.

A dotación económica é dun máximo de 1500€ de estipendio mensual; un máximo de 7000€ en concepto de matrícula ou tasas académicas; 1250€ para gastos de viaxe de ida e volta; e seguro médico de accidente.

Para obter información e impresos Dirección General de Universidades; Serrano, 150; 28071 Madrid(http://www.mec.es/universidades/bme/index.html). Para máis información tamén se pode acudir á Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América, sita no Paseo Gral. Martínez Campos, 24 - 28010 Madrid (http://www.fulbright.es/book/view/286). Tamén se pode contactar por correo electrónico na dirección adviser@comision-fulbright.org, ou no teléfono 91-319-1126.