Oficina CEER
 27-06-2011
NORMAL DESEMBARCA EN SINSAL SAN SIMÓN, UN REFERENTE NA ESCENA MUSICAL GALEGA

Normal, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, estará presente o sábado 25 de xuño no Festival Sinsal San Simón 2011, que se celebrará este sábado, 25 de xuño, no arquipélago da ría de Vigo e constitúe un evento referente da escena musical en Galicia. En concreto, Normal desembarcará en Sinsal comisariando unha dobre proposta artística de Performances e Vídeo Arte no escenario da Capela. Con esta colaboración establécese un novo punto de enlace dentro do “Proxecto Rede” de intercambio comunitario artístico iniciado por Normal.

Con respecto ao programa de accións performativas, comezarán ás 15.15 horas cunha intervención sonora sobre a ópera Turandot. Nela participarán Antía Otero e Carlos Neira. Xa ás 15.45 horas presentarase a montaxe titulada Mostrar-se débil, a cargo da compañía de danza DLoira. A terceira acción performativa será a titulada Fume, na que a bailarina Ángela Blanco e o videoartista Miguel Mariño experimentarán “o eco do movemento apoiado nas paredes”. No tocante ás aportacións en vídeo arte, realizaranse varios pases ao longo da tarde.

Máis información en http://istoenormal.org/calendario/festival-sinsal-san-simon-2011.

Fonte: http://www.udc.es