Oficina CEER
 22-06-2007
Continua aberto o prazo de presentación de propostas para o VII Programa Marco

Continúa aberta a convocatoria da prioridade temática de Ciencias Socioeconómicas e Humanidades dentro do VII Programa Marco. O prazo de presentación de propostas finaliza o vindeiro 29 de novembro.

Dende a Oficina de Proxectos Europeos no CITT ofrécenvos asesoramento en todo o relacionado ca presentación de propostas dentro do VII Programa Marco, búsqueda de socios, preparación de orzamentos, asi como apoio na posterior xestión do proxecto unha vez concedido. Para aqueles investigadores que queiran coordinar algunha iniciativa, existe a posibilidade de subcontratar a consultoras especializadas na redacción deste tipo de propostas para o que se contará co apoio da Vicerreitoria de Investigación.

Para calqueira dúbida relacionada con esta convocatoria poñerse en contacto con Martin Cacheiro Martinez na Oficina de Proxectos Europeos do CITT, na dirección de correo electrónico martincm@usc.es ou por teléfono no 981563100 extensión 16233.