A XESTIÓN DO TALENTO UNIVERSITARIO, TEMA DUN CURSO DE VERÁN DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA
A Facultade de Economía e Empresa da UDC acollerá do 11 ao 13 de xullo o curso de verán A xestión do talento universitario nas organizacións innovadoras, dirixido por Nuria Calvo Babío, profesora do departamento de Organización de Empresas de dita facultade.
Ata o 6 de xullo permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar neste curso, que servirá de foro de intercambio de experiencias para que investigadores, profesionais da empresa e estudantes universitarios poidan reflexionar sobre a relación que existe entre unha boa xestión das competencias adquiridas na universidade e a creación dunha cultura innovadora capaz de favorecer a creación e o crecemento das organizacións empresariais.
Tamén permanece aberto ata o 6 de xullo o prazo para se inscribir no curso Literatura e espazo urbano: Os libros arden mal de Manuel Rivas, que se impartirá desde o 11 ata o 15 de xullo na Reitoría da UDC, na Casa Casares Quiroga e a Facultade de Filoloxía.
Fonte: http://www.udc.es