Oficina CEER
 25-06-2007
I Congreso Galego da Mocidade Investigadora

O día 30 de xuño finaliza o prazo para enviar traballos ao I Congreso Galego da Mocidade Investigadora, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz en colaboración coa USC.

O encontro, que se celebrará en Santiago de Compostela, entre os días 25 e 26 de outubro deste ano, busca constituirse como unha cita anual para examinar o estado da investigación no país, expondo, difundindo e publicando os resultados dos traballos que se veñen realizando en todas as áreas de coñecemento, fomentando igualmente o uso da lingua galega neste ámbito.

Para participar no Congreso, débese enviar xunto coa ficha de inscrición o arquivo da comunicación en formato .doc, seguindo a formatación proposta en http://www.mocidadeinvestigadora.net, páxina na que se encontrarán informacións adicionais. Convídase especialmente a participar a estudantes de terceiro ciclo, posgrao, últimos anos de carreira así como a investigadores e docentes nos seus primeiros anos de exercicio profesional.