Oficina CEER
 28-06-2007
Convocatoria de Axudas para o fomento da propiedade industrial

A Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, vén de convocar no Diario Oficial de Galicia as AXUDAS PARA O FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL.

Estas subvencións destinaranse a atender os gastos derivados da tramitación de solicitudes de títulos de propiedade industrial e da súa renovación ante as oficinas autonómicas, estatais ou internacionais.

ORZAMENTO: 900.000 euros, financiados nalgunhas aplicacións con fondos FEDER

PRAZO DE PRESENTACIÓN: o 15 de novembro (inclusive), salvo que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

MÁIS INFORMACIÓN: info.segapi@xunta.es e www.segapi.org/ Web: http://www.conselleriaiei.org/dxidi/. Teléfonos: 981957390 e 981957391

DOG: nº 123, do 27 de xuño de 2007.