Oficina CEER
 27-09-2011
O II TROFEO INTERUNIVERSITARIO EURORREXIONAL XA ESTÁ AQUÍ.

Mañán, 27 de setembro ás 10:00 h, celebrarase na Pousada parador de Valença do Minho, unha rolda de prensa para presentar o II Trofeo Interuniversitario Eurorrexional, organizado pola Fundación CEER, a Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui.

O sábado 1 de outubro as augas do río Miño serán testemuñas dun apaixonante encontro de remeiros e remeiras galegos/as e portugueses/as, na Segunda Edición do Trofeo Interuniversitario Eurorrexional en Barcos K4, que se celebrará na Eurocidade Valença do Minho-Tui.

A competición, da que sairán os/as mellores remeiros/as da Eurorrexión, é un acontecemento aberto ó público. Hai tres modalidades de carreira, una feminina, una masculina e una mixta, polo que ata tres Universidades se poden alzar cun trofeo. O pistoletazo de saída que dará lugar á primeira das carreiras será as 12.00 hora española; a seguinte comezará ás 12.20 e, por último ás 12.45 terá lugar a carreira mixta. Todas as carreiras sairán e chegarán ó Centro Interfederado de Tui, dando a volta na Ponte Internacional, cunha distancia total de 1000 metros.

Pero aquí non acaba a festa, xa que ademais dun encontro deportivo este será tamén un encontro cultural e festivo. Varias serán as actividades que amenizarán durante todo o día, tanto as rúas de Tui como as de Valença do Minho. Alumnos das Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (UDC, USC, UVigo, UMinho, UPorto e UTAD) serán os encargados das actividades culturais. As actividades que se levarán a cabo serán: por parte da UPorto, haberá unha actuación de danza étnica; a Vibratuna da UTAD e a Tuna Universitaria da UPorto farán disfrutar ós asistentes e, ademáis tamén haberá unha actuación dos Bomboémia da UMinho, que de seguro nos farán bailar.

O evento coincide este ano coa Festa das Tasquinhas en Valença do Minho, polo que tamén a gastronomía terá o seu lugar destacado neste día. E xa que este pretende ser un evento que congregue a numerosos estudiantes, varios establecementos ofertarán prezos populares en menús e aloxamento.