Convite á regataConvite desfolhada
Oficina CEER
 28-09-2011
PRESENTACIÓN DO II TROFEO UNIVERSITARIO EURORREXIONAL A CELEBRAR EN TUI-VALENÇA ESTE SÁBADO 1 DE OUTUBRO

Onte 27 de setembro ás 10:00 h, celebrouse na Pousada “San Teotonio” de Valença do Minho, unha rolda de prensa para presentar o II Trofeo Interuniversitario Eurorrexional, organizado pola Fundación CEER (Centro de Estudios Eurorrexionais), a Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui.

Participaron o Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes Salgueiro, o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, o vereador de deportes da Cámara Municipal de Valença, José Temperao Monte, o concelleiro de deportes do Concello de Tui, Nicolás Lorenzo Montes, o Prof. Dr. Rui Vieira de Castro ( Vicerreitor de Investigação e Ensino. UMinho) en representación do Presidente da Fundación CEER, o Dr. António M. Cunha, o Director do CEER, Carlos Ferrás, e Filipe Duarte, caonista universitario.

O sábado 1 de outubro as augas do río Miño serán testemuñas dun apaixonante encontro de padexeiros e padexeiras galegos/as e portugueses/as, na Segunda Edición do Trofeo Interuniversitario Eurorrexional en Barcos K4, que se celebrará na Eurocidade Valença do Minho-Tui, na que participaran deportitas das seis universidades da eurorrexión: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade do Minho, Universidade de Porto e Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro.

Para Valença e Tui, como lembraron os representantes dos concellos organizadores esta competición coincide co proceso de creación da eurocidade Tui-Valença, que quere converterse no referente da cooperación na eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

A competición, da que sairán os/as mellores padexeiros/as da Eurorrexión, é un acontecemento aberto ó público. Hai tres modalidades de carreira, una feminina, una masculina e una mixta, polo que ata tres Universidades se poden alzar cun trofeo. O pistoletazo de saída que dará lugar á primeira das carreiras será as 12.00 hora española; a seguinte comezará ás 12.20 e, por último ás 12.45 terá lugar a carreira mixta. Todas as carreiras sairán e chegarán ó Centro Interfederado de Tui, dando a volta na Ponte Internacional, cunha distancia total de 1000 metros.

Pero aquí non acaba a festa, xa que ademais dun encontro deportivo este será tamén un encontro cultural e festivo. Varias serán as actividades que amenizarán durante todo o día, tanto as rúas de Tui como as de Valença do Minho. Alumnos das Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Universidade da Coruña, Univerisdade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade do Minho, Universidade de Porto e Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro) serán os encargados das actividades culturais. As actividades que se levarán a cabo serán: por parte da USC, o Espazo de Danza realizará dous pases da súa actuación; a Vibratuna da UTAD e a Tuna Universitaria da UPorto farán disfrutar ós asistentes e, ademáis tamén haberá unha actuación dos Bomboémia da UMinho, que de seguro nos farán bailar.

O evento coincide este ano coa Festa das Tasquinhas en Valença do Minho (Festa da Desfolhada), polo que tamén a gastronomía terá o seu lugar destacado neste día. E xa que este pretende ser un evento que congregue a numerosos estudiantes, varios establecementos ofertarán prezos populares en menús e aloxamento.

Achegamos na noticia as invitacións á Regata e a Festa posterior, apuntádevos!