Ofincina CEER
 13-07-2007
III Convocatoria de contratos programa para o Deseño Estratéxico e a Innovación na UDC

A Universidade da Coruña abre por terceiro ano consecutivo a Convocatoria de contratos-programa para o deseño estratéxico e a innovación na UDC.

Esta terceira edición ten lugar nun contexto semellante á anterior. Por segunda vez na nosa universidade póñense en marcha novos títulos oficiais de posgrao como parte do proceso de integración no EEES ao tempo que a Universidade acaba de publicar o seu plano estratéxico e trata de mellorar o seu nivel tecnolóxico e educativo a través do uso das TIC. A necesidade de dar un apoio firme aos novos títulos, que terán que ser impartidos con criterios ECTS e de apoiar as accións da comunidade universitaria dirixidas a lograr o máximo nivel posible nos ámbitos docente e de xestión, leva a manter no esencial a orientación desta convocatoria para o curso 2007/2008. Esta convocatoria supón un investimento total de: 622.478,08 euros, distribuídos en varios programas que serven de complemento do plano de intensificación para a integración no EEES desenvolto pola Vicerreitoría de Estratexia e Planificación Económica:

a.1) Contrato-programa para facultades e escolas

a.2) Contrato-programa para departamentos e institutos de investigación

b) Contratos-programa para o profesorado (innovación docente e programa piloto do Open Course Ware)
br> c) Contratos-programa para o persoal de administración e servizos

Os obxectivos xerais da convocatoria serán, por tanto, os seguintes.

Obxectivos xerais - Contribuír a elaborar o plano estratéxico da UDC

- Mellorar a calidade docente en todos os niveis do ensino superior e contribuír á incorporación das TIC na docencia universitaria.

- Mellorar a eficacia dos servizos universitarios, apoiando a posta en marcha de novos e mellores procedementos de xestión.

- Contribuír a difundir unha cultura da calidade e da mellora continuada na UDC.

Para máis información:

http://www.udc.es/documentos/actualidade/arquivo2199.pdf