Apertura da convocatoria 2012 "Marie Curie Industry-Academia Partnerships and Pathways" (IAPP), do Programa Persoas do VII Programa Marco.
Obxectivo: fomentar a cooperación entre os organismos de investigación e as empresas privadas (especialmente PEMEs) para o desenvolvemento dun programa científico conxunto a través do intercambio de persoal (investigadores, técnicos e xestores), en calquera área temática. O intercambio debe ser intersectorial e transnacional (o intercambio intersectorial dentro dun mesmo país esta permitido ata un máximo do 30%).
Orzamento: 80.000.000 €
Consorcio: como mínimo, unha entidade do sector académico (universidade, centro de investigación, centro tecnolóxico, etc.) e unha empresa, procedentes de dous estados membros ou países asociados diferentes.
Financiamento: ata o 100% dos custes elixibles. O financiamento cubre:
- Custes do persoal obxecto do intercambio;
- Contratación de persoal con experiencia alleo á asociación para facilitar a transferencia de coñecementos e/ou a formación do persoal;
- Actividades de traballo en rede, organización de obradoiros e conferencias;
- Financiamento de equipamento de investigación para PEMEs, cunha contribución máxima da CE do 10% para cada PEME participante.
Duración dos proxectos: ata 4 anos.
Data de peche: 19 de abril de 2012 ás 17:00:00 (hora local Bruxelas).
Máis información:
- Ligazón á documentación da convocatoria: FP7-PEOPLE-2012-IAPP
- Ligazón ao folleto sobre as Accións Marie Curie dirixidas ás PEMEs: Folleto IAPP-ITN
Queremos destacar que a acción Marie Curie IAPP pode ser unha interesante fonte de financiamento para a investigación do sector privado, especialmente para as PEMEs, porque é a única acción na que unha soa PEME pode solicitar financiamento para investigación en cooperación cun só socio académico. O índice de éxito na convocatoria 2011 foi do 32%.