Oficina CEER
 28-10-2011
CICLO DE CONFERENCIAS NA FACULTADE DE CIENCIAS DA UDC

A Facultade de Ciencias analiza as perspectivas da investigación química actual.

O Salón de Actos da Facultade de Ciencias acollerá a partir de mañá, venres, 28 de outubro, o VIII Ciclo de Conferencias titulado Perspectivas da Investigación Química Actual, organizado polo Departamento de Química Fundamental.

Os relatorios serán inaugurados polo catedrático da Universidade de Alacante Miguel Yus Astiz, que falará mañá ás 12.30 horas sobre “Eficiencia en química: De autotransferencia de hidróxeno a reaccións multicompoñente”.

O martes 8 de novembro de 2011 ás 12.15 horas ofrecerá unha conferencia José Antonio Real Cabezos, catedrático da Universidade de Valencia, titulada “Bi-estabilidade electrónica en complexos metálicos do ferro: fenómeno de transición de espín”.

O xoves 10 de novembro, ás 12.15 horas, o catedrático Pedro Pérez Romero, da Universidade de Huelva, clausurará estas xornadas cun relatorio sobre “Estratexias para a formación catalítica de enlaces C–N, C–O e C–C“. Fonte: http://www.udc.es