Oficina CEER
 08-11-2011
NEWSLETTER DA OFICINA DE PROXECTOS EUROPEOS DA USC

Estimada comunidade universitaria,
As universidades estanse globalizando e aumentando a súa presenza en outros escenarios distintos do seu contexto inmediato, e a internacionalización non resulta soamente unha estratexia, senón tamén unha necesidade. Nun contexto que esixe cada vez maiores competencias, a universidade convértese na plataforma idónea para fomentar a colaboración e o diálogo así como para o intercambio e análise de novas ideas innovadoras a nivel internacional e europeo.

Neste contexto, enmárcase a publicación deste newsletter que nace con dous obxectivos principais: fomentar a internacionalización da investigación desenvolvida na USC e facilitar o acceso as fontes de financiamento europeo. Así, estruturamos esta newsleter en catro seccións:
- Convocatorias: información sobre convocatorias europeas abertas así como un calendario con aquelas que están a piques de pechar nun prazo de un mes.
- Noticias: novas sobre proxectos europeos en curso de realización nos que participen grupos de investigación da USC.
- Eventos: información sobre xornadas, cursos, seminarios e obradoiros sobre temas de interese coma programas europeos, I+D+i, prospectiva e etc.
- Procura de socios: relación de propostas de proxectos que buscan socios para a formación do seu consorcio co obxecto de concorrer a unha convocatoria europea.

Esperamos que a información proporcionada sexa da súa utilidade e consigamos entre todos aumentar a presenza da USC en redes e proxectos colaborativos europeos de excelencia, posicionando a nosa universidade como unha institución de referencia europea no ámbito da educación superior e da I+D+i.

Oficina de Proxectos Europeos
Area de Xestión e Valorización de I+D

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Newsletter