Conferencia sobre a "artisticidade" na Escola de Arquitectura.
A Escola de Arquitectura acolle o luns unha conferencia sobre a “artisticidade” dos obxectos arquitectónicos.
A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña acollerá o próximo luns, 7 de novembro, unha nova conferencia no marco do ciclo denominado “Proxecto+Investigación 2”, e no que se analiza a lóxica dos proxectos, baixo o epígrafe “Seis elementos + unha acción”.
A encargada de ofrecer a conferencia, que estará centrada no elemento da “artisticidade”, será Elisa Valero, profesora titular de proxectos arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Granada, que desnudará a esencialidade do proxecto, e falará sobre a artisticidade contida no mundo dos obxectos arquitectónicos.
As conferencias, que se celebran no salón de actos da ETSAC sempre ás 12:00 horas, continuarán o 14 de novembro, con José María Delapuerta, catedrático do departamento de proxectos arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Madrid, e falará sobre o concepto de hibridación, e José Manuel e Ramón Domínguez, da librería Formatos, que falarán sobre o elemento “transmitir”. Tras a conferencia do 21 de novembro de Ricard Pie, catedrático do departamento de Urbanismo e Ordenación do Territorio da Escola Tecnica Superior de Arquitectura da Universidade de Cataluña, centrada no “límite”, pechará o ciclo o día 28 o catedrático de Proxectos e Urbanismo da ETSAC, Manuel Gallego, que falará sobre “cultura”.
Fonte: http://fceer.org