A Fundación Barrié investirá medio millón de euros en dous proxectos de investigación da Universidade da Coruña.
O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, e o presidente da Fundación Barrié, José María Arias, asinarán mañá, xoves, 17 de novembro, un convenio de colaboración por valor de medio millón de euros para o desenvolvemento de dous proxectos de investigación.
O acordo asinarase na sede da Coruña da Fundación Barrié ás 11:30 horas, e enmárcase no Fondo de Investimento en Ciencia da Fundación Barrié, que se presentará no mesmo acto e permitirá investigar nos ámbitos da Biotecnoloxía e das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TICs). Despois da firma, intervirá tamén o director xeral da Fundación, Javier López, e os investigadores principais dos dous proxectos beneficiarios do mesmo.
Fonte: http://www.udc.es