Oficina CEER
 30-07-2007
A USC, os concellos de Brión e de Antas de Ulla, Caixa Galicia, a Fundación Feiraco e Cáritas Diocesana de Santiago asinan un convenio para difundir a utilización das TIC no medio rural

A USC, os concellos de Brión e de Antas de Ulla, Caixa Galicia, a Fundación Feiraco e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela asinarán este martes, día 31, un convenio polo que as institucións e entidades asinantes colaborarán na elaboración dun sistema de xestión de información para a comercialización de produtos agrarios de orixe familiar así como a dirección e mantemento do portal dixital www.granxafamiliar.com.

A sinatura do convenio celebrarase nun acto a celebrar a partir das 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome coa asistencia do reitor da USC, Senén Barro; dos alcaldes de Brión e de Antas de Ulla, José Luís García García e Javier Varela Pérez, respectivamente; do presidente da Fundación Feiraco, Jesús García Calvo; do director de División de Organismos de Caixa Galicia, Andrés Cuns; e do director de Cáritas de Santiago, José Severino Montes Pérez.

Este convenio permitirá o establecemento dun marco de actuación que serva como base para impulsar o desenvolvemento socio-económico e difundir a utilización das novas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións en dous concellos rurais piloto, neste caso Brión e Antas de Ulla.