Oficina CEER
 20-12-2011
CONVOCATORIA DE PRAZAS DE PROFESORADO NA USC

Para o seu coñecemento e co rogo de que o difunda entre o profesorado dese Departamento/Centro, infórmolle da publicación no taboleiro de anuncios da Reitoría de Santiago de Compostela e na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo da publicación das seguintes convocatorias:

* Resolución reitoral do 16 de decembro de 2011 pola que se convoca a concurso prazas de persoal docente e investigador contratado polo procedemento ordinario (concursos 5001 a 5002/11-12).

* Resolución reitoral do 16 de decembro de 2011 pola que se convoca a concurso prazas de persoal docente e investigador polo procedemento de urxencia (concursos 0004 e 0005/11-12).

A convocatoria cos anexos correspondentes e a normativa pola que se rexe o proceso de selección poderán consultarse na web da USC: http://www.usc.es/profesorado