Oficina CEER
 11-08-2007
Enerxías renovables e medidas ambientais conforman en Vigo o primeiro Campus Verde

A iniciativa, en marcha dende o 2005, parte da avaliación do consumo eléctrico e térmico dos centros e continúa agora coa implantación das enerxías renovables establecida no Campus Verde.

A próxima instalación de paneis solares no pabillón de Deportes, na Estación de Ciencias Marinas de Toralla e no Edificio de Ciencias Experimentais suporán as primeiras medidas para a integración das enerxías renovables nos recintos universitarios establecidas no plan de Innovación Enerxética da Universidade de Vigo.