Oficina CEER
 21-12-2011
A UNIVERSIDADE DA CORUÑA PRORROGA OS ORZAMENTOS PARA O VINDEIRO ANO

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña tratou esta mañá a prórroga dos orzamentos para o vindeiro ano á espera de que o novo equipo de goberno elabore unhas novas contas para 2012.

A decisión responde á necesidade de que a actividade da institución académica non se vexa afectada mentres non se aproba o novo orzamento por parte do equipo de goberno do reitor electo, Xosé Luis Armesto. Con todo, os orzamentos de 2012 non partirán de cero, xa que o Claustro da Universidade da Coruña aprobou o 18 de novembro de 2010 as “Liñas da programación plurianual orzamentarias 2011-2013”.

A sesión do Consello de Goberno de hoxe aprobou a liquidación de 2010 e outras cuestións de índole académica que estaban na orde do día. Fonte: udc.es