Oficina CEER
 09-01-2012
COMUNICADO DA UDC ANTE O PASAMENTO DE ISAAC DÍAZ PARDO

COMUNICADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA ANTE O PASAMENTO DE ISAAC DÍAZ PARDO, “DOUTOR HONORIS CAUSA” DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA NO ANO 2007.

A Universidade da Coruña lamenta profundamente o falecemento do seu doutor Honoris Causa D. Isaac Díaz Pardo, en quen recoñecemos a exemplaridade na loita pola democracia, pola construción cultural e industrial de Galicia e, en suma, pola nosa dignidade como pobo. Algo de todos nós se perde co seu pasamento, mais grazas a el, tanto ao que soubo facer como ao que soñou, Galicia é máis Galicia.

O noso pesar achégase moi especialmente á súa familia máis próxima, á que queremos acompañar hoxe.

Fonte: udc.es