Oficina CEER
 10-01-2012
TRABALLADORES VIAXEIROS

A MAQUINARIA EUROPARLAMENTARIA PONSE EN MARCHA PARA SIMPLIFICAR A CONVALIDACIÓN DE TÍTULOS

A comisión de Mercado Interior e Protección do Consumidor reuniuse para dar comezo aos debates sobre a simplificación do recoñecemento das titulacións profesionais. A Comisión Europea propón crear unha tarxeta válida para os 27 Estados membros.

A tarxeta europea profesional tería carácter obrigatorio para os países membros da UE e voluntario para terceiros Estados. O obxectivo que se persegue é que non sexa necesario convalidar os títulos académicos cada vez que se cruce unha fronteira. Será, polo tanto, “un só certificado para viaxar por toda Europa”, destacou a Comisión Europea no debate. A proposta do Executivo comunitario, que deberá ser debatida primeiro pola comisión parlamentaria de Mercado Interior e posteriormente pola Eurocámara en Pleno, foi acollida moi favorablemente polos eurodeputados. O proxecto contempla unha duración de dous anos para a tarxeta profesional. Ao mesmo tempo, pide que non teña un soporte físico, senón que sexa un documento electrónico.

Fonte: http://www.aquieuropa.com/