Oficina CEER
 12-01-2012
FEIJÓO INVISTE A XOSÉ LUÍS ARMESTO COMO REITOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidirá mañá, venres 13 de xaneiro, ás 10:30 horas no Paraninfo da Reitoría, o acto de investidura de Xosé Luís Armesto Barbeito como novo Reitor da Universidade da Coruña substituíndo a José María Barja Pérez.

Ante preto de 400 persoas, Armesto converterase no quinto reitor da entidade académica coruñesa. No mesmo acto tomará posesión o resto do equipo de goberno da Universidade:

Secretaría Xeral, Carlos Amoedo Souto, catedrático de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito.

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia, Ricardo Cao Abad, catedrático de Estatística e Investigación Operativa na Facultade de Informática.

Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas, Amalia Blanco Louro, profesora de Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa na Facultade de Economía e Empresa.

Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, Julio Abalde Alonso, catedrático de Microbioloxía na Facultade de Ciencias.

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez López, profesora de Literatura Española na Facultade de Filoloxía.

Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente, Gustavo Rego Veiga, profesor de Economía Aplicada na Facultade de Economía e Empresa.

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación, Natalia Álvarez Lata, profesora de Dereito Civil na Facultade de Dereito.

Vicerreitoría de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, profesora de Matemática Aplicada na Escola Politécnica Superior.

O acto de investidura do novo Reitor prodúcese logo de que onte saíra publicado o seu nomeamento hoxe no Diario Oficial de Galicia polo presidente da Xunta de Galicia.

No acto estarán presentes tamén o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, os reitores das universidades de Santiago de Compostela, Juan Casares, e de Vigo, Salustiano Mato, e o presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril Abadín. Ademais, acudiron as conselleiras de Sanidade e de Traballo e Benestar, os alcaldes da Coruña, Ferrol e Santiago e o delegado do Goberno en Galicia, entre outras autoridades, xunto cunha nutrida representación de profesores, estudantes e persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña.

Fonte: http://www.udc.es