Oficina CEER
 16-01-2012
SOBRE A DENUNCIA PRESENTADA POR CIG E UGT POR MOR DA FUNDACIÓN USC-DEPORTIVA

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, considera “incomprensible” a actitude da CIG e da UGT implicándoo nunha querela presentada polos dous sindicatos no Xulgado de Santiago, por mor duns feitos producidos na Fundación USC-Deportiva, nos que non participou nin a título persoal nin como reitor, xa que foron con anterioridade ao seu nomeamento como Presidente do Padroado da Fundación, o 30 de xullo de 2010.

A querela vai dirixida contra o anterior Xerente desta Fundación USC-Deportiva, Carlos Feijoo Novoa, contra unha traballadora da mesma, Rocio Bulnes Fraga, e tamén contra Juan Casares Long, que aínda que non se indica pode deducirse que o é en condición de presidente do Padroado da Fundación USC-Deportiva, cargo que asumiu despois dos feitos denunciados. No texto da denuncia indícase que vai dirixida contra estas tres persoas, aínda que no relato dos feitos da querela non figura para nada, nin sequera se cita ao reitor.

Neste momento, a querela está en fase de instrución, polo que o xulgado non puido aínda ouvir ás partes, nin tomou unha decisión sobre a mesma. O reitor reservase o exercicio de accións legais contra os querelantes, entendendo que se trata dunha denuncia falsa, e as posibles accións civís polo dano ocasionado. Segundo Juan Casares “non se pode manchar o nome das persoas e desprestixiar ás institucións de forma gratuíta, como fan os autores desta demanda”.

Fonte: xornal.usc.es