Oficina CEER
 01-03-2012
A USC PROCLÁMASE SUBCAMPIOA NO GALEGO UNIVERSITARIO DE NATACIÓN

A piscina universitaria de Compostela foi o escenario este mércores das probas correspondentes ao Campionato Galego Universitario de Natación, no que ademais alcanzou o segundo lugar do podio, por detrás da Universidade da Coruña, mentres que o bronce foi parar á Universidade de Vigo.

O campionato incluía 24 probas en distintos estilos e distancias. Do total, os/as nadadores/as da USC acadaron 7 medallas de ouro, 9 de prata e 7 de bronce. O vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, xunto co director do Servizo de Deportes da USC, Mariano García-Verdugo, foron os encargados da entrega dos metais.

Fonte: xornal.usc.es