Oficina CEER
 16-03-2012
A VICERREITORA DE FERROL INAUGURA MAÑÁ AS XORNADAS SOBRE ÉTICA

A vicerreitora de Ferrol inaugura mañá as Xornadas sobre Tecnoloxía, Valores e Ética.

A vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña, Araceli Torres Miño, inaugurará mañá, xoves 15 de marzo, as Xornadas sobre Tecnoloxía, Valores e Ética, no salón de actos do Campus de Ferrol ás 09:45 horas.

O seminario está organizado por Wenceslao J. González, catedrático da Facultade de Humanidades. Estas xornadas enmárcanse nas actividades desenvolvidas no programa de doutoramento interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia.

O programa comeza mañá, xoves, 15 de marzo, e durante todo o día terán lugar diferentes conferencias da man de Carl Mitcham, Amparo Gómez e Ibo van de Poel. O final do día, terá lugar unha mesa redonda co tema “Aportacións recentes sobre cuestións axiolóxicas e éticas sobre a Tecnoloxía”. O venres 16, as conferencias serán impartidas por Brian Blamer, Vicente Bellver e Helena Jerónimo. Ás 20:45 horas procederase a sesión de clausura, coa entrega de diplomas.

Fonte: udc.es