Oficina CEER
 30-03-2012
O OBSERVATORIO ASTRONÓMICO PRESENTA EN PRIMICIA ESTE VENRES EN LALÍN UNHA SELECCIÓN DOS MELLORES BÓLIDOS E ESTRELAS FUGACES GRAVADOS EN GALICIA

O programa ‘Astronomía itinerante’ do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC presenta en primicia este venres 30 en Lalín unha selección dos mellores bólidos e estrela fugaces gravados nos ceos de Galicia nos últimos anos. Esta actividade complementa a presentación da Carpeta Serigráfica do pintor galego Xavier Magalhaes que, co título ‘O ceo das fugaces-As Dracónidas de D. Ramón María Aller’, terá lugar no Museo Ramón María Aller de Lalín ás 20.30 horas.

De seguido haberá unha sesión astronómica pública desde o Observatorio da localidade pontevedresa que no seu día fundara o padre Aller e que foi recuperado o pasado ano tras un convenio de colaboración entre o Concello de Lalín e a USC.

Desprazaranse por parte do OARMA os profesores José Ángel Docobo e Pedro Pablo Campo.

Fonte: http://xornal.usc.es