Oficina CEER
 18-04-2012
XORNADA SOBRE BOB DYLAN EN HUMANIDADES (UDC)

A Facultade de Humanidades de Ferrol acollerá hoxe mércores, 18 de abril, ás 19.30 horas, unha xornada sobre a figura de Bob Dylan, que será inaugurada ás 19.30 horas polo decano deste centro, Manuel Recuero. A conferencia inaugural, titulada “Bob Dylan, a poesía dunha pedra rodante”, correrá a cargo de Manuel Candelas, da Universidade de Vigo.

Xa o xoves e o venres a xornada trasladarase á Casa das Palmeiras, onde se celebrarán diversas actividades relacionadas coa figura de Bob Dylan. As xornadas están organizadas por Juan Luis Montero Fenollós, vicedecano da Facultade de Humanidades; Eva Olmo Hermida, concelleira de Cultura de Neda; Natividad Villaamil Abad, animadora sociocultural en Neda, e Manuel Pérez Grueiro, coordinador cultural de Neda.

Fonte: udc.es